Nacín na parroquia de Beade en 1977, son licenciado en Historia pola Universidade de Santiago, traballo nunha empresa de servicios tecnolóxicos dende hai 18 anos. Dende 2009 son coordinador local de EU de Vigo e membro da executiva nacional de EU e da coordinadora federal de IU. Preséntome ás primarias da Marea de Vigo co compromiso firme de continuar a construir unha alternativa municipalista de esquerdas na nosa cidade. Un compromiso que tamén é de continuidade dos traballos temos iniciado na Marea de Vigo e que permitiu configurar un grupo municipal con proposta política concreta e elaboración programática propia ademáis dun espazo de traballo municipalista plural e alternativo materializado no conxunto das persoas que conforman a marea de Vigo a través dos seus grupos de traballo. O camiño iniciado en 2014 co manifesto que deu lugar a este espazo de unidade popular foi sen dúbida un mandato para seguir ampliando esta idea de proxecto colectivo, de sumar máis vontades e esforzos na Marea de Vigo para gañar unha cidade solidaria, de dereitos sociais plenos, de democracia participativa e respeto polo tecido asociativo, de urbanismo sustentable e non especulativo, de barrios e parroquias iguais en dereitos e inversións, e feminista, republicana e laica.