Temos unha débeda coa historia

panif

As rúas da nosa cidade están inzadas de patrimonio arquitectónico industrial abandonado e en desuso. Co paso do tempo foise degradando sen que ninguén fixese nada por preservalo, e boa parte del sucumbiu vítima da especulación inmobiliaria e foi varrido do mapa para sempre.

Falamos dos que foron os centros de traballo dos nosos avós e avoas, das nosas nais e pais, daqueles espazos que non hai tantos anos marcaban os ritmos de parroquias e barrios enteiros. Pasamos ao seu lado todos os días e poucas veces reparamos neles sequera, no seu valor e na memoria colectiva que atesouran.

Chegou o momento de deseñarmos estratexias de futuro que aposten polo potencial de Vigo. É tempo de apostar polo noso patrimonio industrial, de pórmolo en valor e dármoslle novos usos que cubran as necesidades actuais da cidadanía. Estamos a tempo de todo!

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone