Nacín en Vigo en 1978. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, realicei cursos de doutorado en Historia Contemporánea. Son profesor de Historia no IES Monte Carrasco de Cangas, e membro do seu Consello Escolar. Na miña época de estudante participei nos movementos anti-LOU, contra a guerra e contra a Marea Negra do Prestige, sendo claustral da USC polo sector estudantes. Participei no 15 M de Vigo e en Podemos Vigo dende os seus inicios. Teño publicado en Praza Pública, Galicia Confidencial,na revista Memoria de México e na revista Viento Sur, da que son membro do Consello Asesor. Participo activamente na Marea de Vigo dende os seus inicios. Dende o principio da miña participación política só me guiou unha meta, axudar a cambiar o mundo de base. Estudar a Historia levoume a comproneterme coas esquecidas, coas silenciadas, coas invisibles e a tentar revivivir en cada compromiso, en cada loita, a memoria das que nos precederon no camiño de mudalo todo. Sigo pensando coma o día que celebramos a irrupción electoral de Podemos nas europeas de 2014, coma o día que En Marea foi a forza máis votada na nosa cidade, que nesta cidade hai un gran forza colectiva que xurde dunha memoria inzada de loitas de construción de comunidades e institucións populares ao logo dos anos.. Precisamos de toda esa forza colectiva para transformar Vigo.