Asamblea para aprobar a folla de ruta de cara ás eleccións galegas

Ficades todas e todos convocadas/os á asemblea da Marea de Vigo que terá lugar no café De catro a catro ( Rúa Girona, 16) ás 20 horas na que será aprobada, se procede, a folla de ruta que a  Marea de Vigo terá como postura colectiva para consensuar co resto de actores de cara ás eleccións galegas.
 
A continuación enviamos a folla de ruta consensuada no grupo de traballo e as emendas a debater.
No anterior correo informativo, había un erro na data, onde dicía 3 de marzo, a data correcta é 3 de febreiro, mércores.
Desculpade esta inexactitude.
 
Cando o equipo redactor acepta unha emenda, significa que non defendera o texto orixinal, mais calquera persoa presente na asemblea pode facelo se así o desexa.
Cando o equipo redactor rexeita unha emenda, significa que defendera o texto orixinal.
Cando o equipo redactor propón unha transacción, significa que se a transacción e aceptada pola persoa que propón a emenda, o equipo redactor non defendera o texto orixinal, mais calquera persoa presente na asemblea pode facelo se así o desexa.
Se algunha das emendas, non é defendida en asemblea, considerase decaída.  
 
Apertas e azos.
Grupo de traballo folla de ruta.

TEXTO ORIXINAL.

1-  Obxectivos:

1.1 –  Elaboración participativa dun Programa do Cambio.

1.2 – Creación dun ámbito de coordinación, interlocución e rendición de contas entre as        Deputadas e as bases.

1.3- Expansión territorial de EnMarea.

2- A curto e medio prazo:

2.1- Mapeo territorial. Elaboración censo mareas municipalistas, org. e colectivos. Tanteo e contactos previos. (72h a partir da aprobación do documento)

2.2- Convocatoria aberta da MdeV a todos os colectivos que participaron activamente na campaña. (27-F data orientativa)

2.3- Primeiro encontro de representantes das mareas locais coas deputadas:

Explicación do estado das negociacións. Escoita activa.

Establecécese, de facto, un espazo estable de diálogo.

3-A medio e longo prazo:

3.1- Coordinación provincial. Sería interesante ter en conta a Deputación provincial tamén como elemento agregador a maiores.

3.2-O organismo que creemos terá a denominación de Asemblea Provincial de Mareas e Candidaturas de Unidade Popular (que se recoñecen no proxecto de En Marea).

3.3- Coordinación do proceso aberto coa Mesa Coordinadora.

3.4- Elaboración de candidatura mediante primarias abertas provinciais tendo como base adaptable o protocolo de primarias de MdV para as municipais.

DEBATE

 

Emenda de substitución 1.1  Aceptada polo equipo redactor:

Texto orixinal:

Elaboración participativa dun Programa do Cambio.

Emenda:

Elaboración participativa dun Programa de Ruptura.

Emenda de substitución 1.1 O equipo redactor propón unha transacción e que sexa un engadido

.

Texto orixinal:

Elaboración participativa dun Programa do Cambio.

Emenda:

Crear unha estrutura para a aportación de propostas que deben incluírse nun Programa de Cambio, facilitando o debate e votación previa, para logo sometelo ao pleno da Asemblea.

Emenda de substitución 1.2 Rexeitada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Creación dun ámbito de coordinación, interlocución e rendición de contas entre as  Deputadas e as bases.

Emenda:

Crear unha ferramenta que facilite o contacto entre as Deputadas e as bases, onde informar, recoller suxestións nun exercicio de transparencia e participación.

Emenda de substitución 1.3 Rexeitada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Expansión territorial de En Marea.

Emenda:

Construír unha base de datos recollendo información para contactar cas distintas plataformas, rexistrando os seus aportes.

Abrir a chamada a outras plataformas, Asociacións, partidos e entidades de carácter social, para que se incorporen a o movemento Asembleario permanente.

Emenda de substitución 2.1 Aceptada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Mapeo territorial. Elaboración censo mareas municipalistas, org. e colectivos. Tanteo e contactos previos. (72h a partir da aprobación do documento)

Emenda:

Dispoñer de información detallada para a localización, e rexistro de contactos, coas Mareas Municipalistas, org. e colectivos. Crear un equipo para o tanteo e contactos previos. Prazo, 72 horas.

Emenda de substitución 2.2 Rexeitada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Convocatoria aberta da MdeV a todos os colectivos que participaron activamente na campaña. (27-F data orientativa)

Emenda:

Asemblea para tomar acordos respecto o seu funcionamento, se se abre a outros colectivos, si terá ou non carácter de permanente, mantendo a estrutura “municipalista”, ou se se constitúe unha estrutura permanente de participación, que sirva de foro cidadán onde aproximar as persoas aos representantes políticos nas institucións.

Emenda de engadido  2.3 Rexeitada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Primeiro encontro de representantes das mareas locais coas deputadas:

Explicación do estado das negociacións. Escoita activa.

Establecese, de facto, un espazo estable de diálogo.

Emenda:

Previo a celebración da Asemblea,este encontro servirá para definir en consenso as propostas a debater, así como a orde do dia.

Buscar unha ferramenta a través da cal se poida manter contacto dinámico e dialógante.

Emenda de engadido 3.1 Aceptada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Coordinación provincial. Sería interesante ter en conta a Deputación provincial tamén como elemento agregador a maiores.

Emenda:

Debese procurar a implicación de tódolos órganos representativos, en unha coordinación artellada que facilite o dialogo, a participación e a transparencia.

Emenda de engadido 3.3 (aclaración proposta equipo redactor)

Texto orixinal:

Coordinación do proceso aberto coa Mesa Coordinadora.

Emenda:

de En Marea.

Emenda de engadido  3.3 Aceptada polo equipo redactor.

 

Texto orixinal:

Coordinación do proceso aberto coa Mesa Coordinadora.

Emenda:

Nomear ou elixir persoas que poidan facer esa coordinación.

Emenda de substitución 3.4 Rexeitada polo equipo redactor.

Texto orixinal:

Elaboración de candidatura mediante primarias abertas provinciais tendo como base adaptable o protocolo de primarias de MdV para as municipais.

Emenda:

Propoñer un procedemento para definir en que condicións e límites se regule o proceso. Adaptar as ferramentas dispoñibles (CENSO e VOTACIÓN) as especificacións do novo proceso, xa sexa para as AUTONÓMICAS, ou a unha hipotética repetición das XERAIS.-

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone