CAFÉ DE SORORIDADE – MANIFESTACIÓN 8M

Para conseguir a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, para cambiar todo o moito que aínda queda por cambiar, para desterrar de vez o patriarcado que impide a nosa visibilización debemos ser valentes e apostar por políticas feministas que rachen cos obstáculos que impiden que avancemos .
Desde o capitalismo non seremos quen de conseguilo.
O oito de marzo, en lembranza de todas as mulleres que loitaron para conseguilo é preciso, un ano máis, homenaxear a esas mulleres, ás explotadas, ás traballadoras, ás nais e ás fillas, ás migrantes, ÁS BRUXAS, ás heterosexuais e ás lesbianas, ás prostitutas, ás doentes, ás refuxiadas, ás encadeadas, ás escravas, ás labregas e ás sen terra, ás que loitan e ás que non poden loitar, ás precarias, ás que padecen, AS ASASINADAS… Con todas elas un berro para o dereito á igualdade e para o respecto á diferenza.
Para poder VIVIR CON DIGNIDADE.
#NonEstamosTodas

C528EJxXEA09WN_.jpg large

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone