4M – Día da Muller – Cara a folga feminista.
Este domingo, 4 de marzo, ás 12.00, en Vigo, dende Vía Norte (esquina con Urzaiz) terá lugar a manifestación nacional do Día da Muller, enfocada este ano na #FolgaFeminista.
A Marea Feminista somos un grupo dentro da Marea de Vigo con autonomía para tomar as nosas propias decisións, co fin de incorporar a visión feminista aos temas a tratar dentro da Marea de Vigo. Ata o de agora estivémonos xuntando para tratar, sobre todo, temas a nivel do concello, como puido ser por exemplo a proposta que levamos ao CMM de que houbese unha faixa na fachada do Concello permanente cun lema sobre a violencia de xénero, proposta que foi admitida e executada.. A partir de agora estamos tratando de organizar xuntanzas periódicas para falar dalgún tema en concreto e convidar a mulleres de fóra da organización para intercamiar puntos de vista.
Este domingo, 4 de marzo, ás 12.00, en Vigo, dende Vía Norte (esquina con Urzaiz) terá lugar a manifestación nacional do Día da Muller, enfocada este ano na #FolgaFeminista.
O vindeiro 22 de febreiro ás 19h no local da Marea de Vigo teremos o noso 1º Café Feminista deste ano! O principal obxectivo do obradoiro é reflexionar sobre o concepto do amor e coñecer os mecanismos inconscientes que modelan e definen os vínculos amorosos, afectivos e familiares na nosa sociedade. Darnos conta de como[…]
Este sábado 16 de decembro ás 11h, na AVV Novo Vigo de Navia (Rúa Teixugueiras 11, Portal 6, Of. 9B), falaremos sobre como a pobreza e a precariedade afectan en especial ás mulleres. Con Victoria Portas, Antón Bouzas e Marta Sacau.
Co gallo do 23 de Setembro “Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de persoas”, a Marea Feminista vén de organizar en colaboración coa Asociación Faraxa (asociación pola abolición da prostitución) unha charla-coloquio para poñer na mesa un tema que preocupa ás feministas e que consideramos que tamén é violencia de xénero: a[…]
Este sábado 9 de setembro, todas á rúa para reclamar xustiza para Juana Rivas. (Museo MARCO ás 19h)
A Marea Feminista anima a todas a participar este mércores na concentración que organizan os colectivos feministas da cidade . Ante o último caso de feminicidio en Galiza non podemos mostrarnos pasivas. O noso compromiso é estar aí, rexeitando todos os casos de violencia machista que se produzan. Por iso mañá ás oito da tarde[…]