Confluencias de cara a unha candidatura única

Como sabedes, nestes días estanse a producir en Galiza, e no resto do Estado, unha serie de iniciativas dirixidas a lograr unha confluencia das forzas da esquerda nunha candidatura única.

A Marea de Vigo, loxicamente, non pode por menos que interesarse por estes procesos. Por elo, atendendo a unha invitación, a cal foi coñecida o mesmo día da última asemblea, fomos á xuntanza de Lugo o día 10 de xullo. Logo, nos plenarios da Marea, acordouse ir en representación da Marea de Vigo a Compostela, o día 13 de agosto, invitados polas candidaturas municipais das Mareas de Lugo, Noia e Betanzos. Posteriormente, a título individual, acudiuse ás xuntanzas de Compostela do 22 e 23 de agosto.

Todo elo co obxectivo de recoller información do que nelas se trataba e poder trasladala a asemblea xeral que se vai celebrar o próximo 31 de agosto.

Para maior información axúntamos os seguintes dados:


Iniciativas


Nome

Datas e lugares de encontro

Enlaces de interese

Descrición da iniciativa


Abranguería

Encontro de Mareas
11893870_10153581452033384_1899156718038729828_o

13 de agosto de 2015
Xoves
Auditorio de Galicia (Compostela)


“As preto de medio cento de agrupacións que participaron no encontro (…) coincidimos na necesidade de traballar en común por un proceso aberto e participativo, sen ningún tipo de exclusións, de cara as vindeiras eleccións xerais, (…) acordando que as “mareas” deben de (…) traballar por ser un dos piares dos cambios que se están a producir na sociedade. (…) O importante é poñer en valor o 90% que une a todas as sensibilidades inmersas nestes procesos, apostando pola defensa dos sectores públicos, a creación e cumprimento de códigos éticos, as primarias como método de elección de representantes, a transparencia na xestión, a participación cidadá na toma de decisións e a igualdade entre as persoas.”


Mareas, outras agrupacións.

Marea Galega
cabeceira150x150

22 de agosto de 2015
Sábado
Fundación Don Bosco (Compostela)


“Promoverase unha candidatura de unidade popular que poida, xunto con outras candidaturas, contribuír á realización dun novo pacto constituínte respectuoso co dereito a decidir da cidadanía e dos pobos que integramos o Estado español. A candidatura galega de unidade popular formará, ou de ser o caso apoiará, un grupo parlamentario galego nas Cortes que garanta a representación e defensa dos intereses da cidadanía galega e comprometerase a apoiar un goberno alternativo de unidade popular no Estado.”


Partidos políticos, Mareas, outras iniciativas de confluencia, outros colectivos e agrupacións, persoas a titulo individual.

Iniciativa pola Unión
(Banquete de Conxo 2.0)
Logo25X-Twitter

23 de agosto de 2015
Domingo
Conxo


“Que (…)poidamos ter a oportunidade de establecer en común as bases cuns principios mínimos de democracia de base e transparencia, para (…) a construción dun grande movemento social, cívico e participativo que culmine coa conformación dunha candidatura nacional galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais, en que conflúan persoas, colectivos socias e forzas políticas segundo o principio democrático de cada persoa un voto. Unha candidatura galega de unidade que non teña ningún tipo de dependencia nin obediencia alleas aos intereses da Nación Galega. Para iso, debe posuír personalidade xurídica propia. Unha candidatura para a consecución dun grupo parlamentario galego soberano nas Cortes que defenda o dereito radical democrático de Galicia a decidir e o combate contra as políticas neoliberais.”


Partidos políticos, movementos, outros colectivos e persoas a título individual.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone