Convite aos cafés da Marea Feminista

Ola a todas,
enviámosvos este convite a participar no café que organiza a Marea Feminista o vindeiro xoves 21 de abril ás 20 no café Uf (rúa Pracer 19), no que contaremos coa presenza de Elvira Burgos, que nos achegará á obra e os plantexamentos de Judith Butler, autora da recoñecida obra “O xénero en disputa”, de referencia dentro da denominada teoría queer.

Debater e repensar xuntas as diversas identidades existentes, a diversidade corporal e os múltiples modos de vida e de sexualidade é chave nestes momentos na loita contra todo tipo de discriminación . Non faltedes!

Achegámosvos con algúns traballos da propia Elvira Burgos.

cafes-feministas

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone