Faladoiro Feminista – Refuxiadas

Convidámosvos a participar no faladoiro que organiza a Marea Feminista o vindeiro mércores 25 de maio ás 20 no café De Catro a Catro (rúa Girona 16), no que contaremos coa presenza de Mina, unha muller iraniana que estivo en lesbos coas refuxiad@s. Falaremos con ela sobre a situación en xeral e sobre a problemática específica das refuxiadas alí.

MareaFEmSIRIA
Non seremos cómplices desta Europa neocolonial reaccionaria, unha UE que abandonou a legalidade internacional ao retornar masivamente ás vítimas da guerra, incumplindo sucesivamente os tratados que obrigan a ter una política de asilo común. Non seremos cómplices de comerciar con vidas humanas co Estado turco, que a cambio de contrapartidas económicas exerce o papel de policía de Europa, lexitimando ademais o comportamento político dun goberno turco denunciado polas súas dubidosas prácticas democráticas e que ven violando sistematicamente os dereitos humanos.

A UE non quere dar solución a esta catástrofe humanitaria provocada polas súas sucesivas guerras e inxerencias imperialistas nos países de Oriente Medio. Mentres, nos Estados da Europa só ven a guerra coma a oportunidade para continuar os seus negocios, unha grande parte da cidadanía europea permanece indiferente a este xenocidio.

Debemos denunciar que ás mulleres sírias e menores se lles suma á súa terríbel situación actual nos campos de refuxiadas ser as vítimas máis castigadas pola violencia patriarcal: despois de abandonar o seu país de orixe por sufrir violencias, atopan violencias nos países de tránsito. Son sometidas a todo tipo de violencia sexual, violacións, trata para explotación sexual, etc. E cando chegan a un país da Unión Europea, atopan unhas fronteiras pechadas e continúa esa violencia.

NON AO MILITARISMO DA UE
#mareafeminista EN SOLIDARIEDADE COAS REFUXIADAS SIRIAS

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone