Novas Masculinidades

Dende a Marea Feminista queremos traballar as novas masculinidades a través da mocidade que integra o Comando da Igualdade: mozas e mozos do Instituto Alexandre Boveda alumnado de Chis Oliveira que nos farán reflexionar sobre o papel que xogan as mulleres e os homes na actualidade en canto ao xénero.

A nivel estatal, xa existen grupos de homes que traballan as masculinidades positivas ou novas masculinidades, homes que non se identifican co rol patriarcal que a sociedade lles impón e cuestionan os seus privilexios, reflexionando á vez sobre as perdas que a nivel emocional e persoal tamén lles supón o machismo imperante.

Por todo isto, a Marea Feminista quere reflexionar sobre cal é actualmente o papel dos homes en relación á igualdade, que inquedanzas teñen con respecto ao feminismo, cales son os seus desexos e porque é necesario que adopten unha parte activa na súa transformación hacia roles máis igualitarios.

En palabras do sociólogo Hilario Sáez (docente de múltiples cursos sobre esta temática) “Non hai novos homes. Os que hai agora houbo sempre pero estiveron invisibilizados. Agora afloran outros xeitos de ser home“.

Isto é do que queremos falar este mércores 26 no local da Marea de Vigo (Avda. das Camelias, 85) a través do Comando da Igualdade: cuestionar privilexios, reparto das tarefas domésticas e dos coidados, expresión das súas emocións, romper estereotipos, asunción de novos roles, etc.

comando

 

Anímate a participar con nós

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone