
Vivimos nun tempo de anguria, en que os centros do poder económico dirixen a política dos gobernos agredindo a maioría da poboación. A cobiza dos bancos e das grandes corporacións estalles arrincando os dereitos máis elementais a millóns de persoas. Fronte aos nefastos recortes dos servizos públicos, fronte ás políticas que provocan o desemprego, a miseria e a emigración, debemos unirnos para dar unha resposta democrática e solidaria en prol da xustiza social.
Estamos chamadas e chamados a producir un renacemento ético, político e cultural, necesariamente superador do sistema capitalista e da xestións dos partidos corruptos e obedientes ás minorías privilexiadas. En Vigo, coma na Coruña e noutros moitos concellos de Galicia, cada vez máis homes e mulleres xuntamos as nosas forzas nunha gran Marea cidadá para mudar esta situación de caos e sufrimento, ata o punto de que podemos sentir que regresou a dignidade.
Agora temos ás portas unhas eleccións municipais que deben servir para lograr un cambio radical. Vigo está devalando nun proceso de frustrante decadencia. O actual goberno municipal perpetúa a privatización da auga, dos transportes urbanos e de ría, dos servizos recaudatorios, dos aparcadoiros; de xeito que unha colosal masa de diñeiro que todos achegamos ás arcas municipais vai encher as andorgas de empresas privadas alleas a Vigo e a Galicia.
Queremos que o concello de Vigo sexa o centro dunha área metropolitana que converta a nosa comarca nun dos principais eixos do desenvolvemento social do país. Queremos, antes que humanizar as rúas, humanizar as condicións de vida das persoas que se atopan na pobreza máis extrema. Queremos rematar de vez coa especulación urbanística e os desafiuzamentos. Queremos que se promova e respecte a nosa lingua e a nosa cultura, agora mesmo maltratadas pola Xunta de Feijoo.
Reclamamos un goberno laico e de xestión transparente, comprometido coa ecoloxía e a economía sustentábel, nun Vigo que volva ser motor de grandes cambios progresistas. E tentaremos impedir, en confluencia coas opcións de esquerdas doutros concellos, que as deputacións provinciais sigan sendo niños de corrupción e nepotismo, ao tempo que propugnamos a súa desaparición.
Requírense novas formas de organización e participación cidadá, capaces de activar unha revolución democrática para decidirmos nós, e non as elites de quenda, en que tipo de cidade queremos vivir. Propoñemos ir rueiro por rueiro, barrio por barrio, parroquia por parroquia, para construír entre todas e todos unha política inédita que nos libere das vellas prácticas dos partidos do réxime. Así, coa nosa forza colectiva e asemblearia, conseguiremos que a marea dos que non temos nada que perder e si todo que gañar asolague dunha vez estas beiras do Atlántico.
As persoas asinantes deste manifesto, de se obteren os apoios suficientes, pularemos pola posta en marcha dun proceso asembleario, pola concreción dun programa común da esquerda rupturista e a convocatoria de primarias abertas para constituír unha candidatura unitaria capaz de vencer os partidos do sistema e acadar o goberno municipal de Vigo.
PRIMEIRAS SINATURAS:
Ofelia Comesaña Beiro. Traballadora da limpeza.
Xosé Lois Pérez López. Mecánico axustador.
Silvia Fernández Iglesias. Auxiliar de enfermaría.
Xoán Martínez González. Técnico superior en produción acuícola.
Concha Nogueira Meixe. Libreira.
María Rosario Romero Vaamonde. Traballadora social.
Iago Martínez Durán. Xornalista.
Esther Carbajales Parga. Técnica en atención a persoas dependentes.
Manuel A. Fortes Torres. Profesor e activista da Marea Verde.
Rosa Ana Lorenzo Casado. Técnico de farmacia.
Antonio Durán Moreiras, «Morris». Actor.
Paloma Alonso Eiras. Delegada editorial, historiadora e activista feminista.
Carlos Barros Guimeráns. Profesor da Universidade de Vigo e historiador.
Xosé Antón Laxe Martiñán. Funcionario do Xulgado de Vigo.
Alexandra García Garrido. Traballadora de telemárketing.
Daniel Uxío Reinoso Maset. Licenciado en Historia.
Araceli Paz Novas. Ilustradora.
Juan Fernández Abal. Estudante e activista LGTBI.
Julián Hernández. Músico.
Waldino Varela. Sindicalista histórico de Vulcano.
Beatriz Suárez Briones. Profesora na Universidade de Vigo.
Vítor Manuel Mariño Fernández. Empregado de Citroën, membro do comité de empresa.
Belén Márquez Rodríguez. Auxiliar de xeriatría.
Borxa Colmenero Ferreiro. Avogado.
Antón Reixa. Creador e produtor audiovisual, escritor, Os Resentidos.
Carlota Pérez Conde. Administrativa, activista da PAH.
Manuel Hermo Verísimo. Funcionario.
Estela Miller Fernández. Informática e activista social.
Antón Patiño. Pintor.
Alexandra Fernández Gómez. Estudante de arquitectura.
Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor.
María Rosario Romero Vaamonde. Traballadora social.
Xosé Carlos Costoya. Sindicalista do sector ferroviario.
Carlos Fernández Campo. Ensino.
Manuel M. Romón. Escritor e actor.
Isabel Domínguez Carrera. Mestra.
Carlos Núñez Rodríguez. Publicista.
Modesto Román González. Hostaleiro.
Quico Recondo Martínez. Desempregado.
Paula Lago González. Estudante.
Adolfo Telmo Pérez. Médico de familia e activista da PAH.
Ricardo Castro Buerguer. Traballador do sector da alimentación, sindicalista.
Margarida López Barreiro. Celadora.
Alejandro Ruetter Fridman. Actor e activista proPalestina.
Moncha Fuentes Arias. Ensino.
Bibiano Morón Giménez. Promotor cultural.
Marga García Cribeiro. Sanidade.
Ánxel Huete. Artista plástico.
Camilo Barbará Cascallana. Traballador do sector da automoción.
Mª Luz Maset Catalá. Sanidade, activista no movemento feminista.
Gonzalo Navaza Blanco. Profesor universitario e escritor.
María Pérez González. Oficial administrativa e presidenta da FAVEC.
Serafín Valencia Triviño. Xubilado, sector da telecomunicación.
Pablo Valeiras Ríos. Funcionario de xustiza e portavoz da Plataforma Alternativas Xustiza.
Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor.
Anaír Rodríguez Rodríguez. Coordinadora de edición.
Roberto Santiago Pérez. Profesor e investigador en comunicación.
Celso X. López Pazos. Profesor de Secundaria, activista Memoria Histórica e republicanismo.
Adela Sánchez Moreiras. Bióloga, profesora da Universidade de Vigo.
Xulio Anxo Martínez Costas. Empresario cervexeiro.
Xosé Miguel Diéguez Rodríguez. Estudante.
Miriam Rodríguez Domínguez. Realizadora audiovisual.
Marta Pérez. Actriz e directora teatral.
Anxo Angueira Viturro. Profesor da Universidade de Vigo e escritor.
Alfonso Martínez Jiménez. Mestre de ensino primario.
David Rodríguez Rodríguez. Deseñador gráfico.
Ana Ardid de Cabo. Estudante.
Carlos Navarrete Pou. Ensino.
Fernanda Alonso González. Técnica de atención directa.
Moncho Lareu Riveiro. Profesor desempregado.
Severino Valoira Neira. Carpinteiro.
Lourdes Eiroa de la Puente. Ensino.
Francisco Ferro Pereira. Auxiliar educativo.
Manuel Forcadela. Profesor universitario e escritor.
Rita Alonso Gallego. Auxiliar de enfermaría.
Beatriz Collazo Martínez. Ensino.
Luís Sánchez Pena. Carpinteiro.
Alexandre Estévez Simón. Autónomo de artes gráficas.
Ana Moreno Quintela. Coidadora.
Iolanda Zúñiga. Escritora
Xián Seoage Mouriño. Monitor de centro de educación especial.
Alberto Silva Rivas. Estudante.
Francisco Sampedro Ojeda. Filósofo.
Verónica Bastos Iglesias. Estudante.
Telmo Comesanha Pampillón. Xubilado.
Paula Ríos. Músico.
Xaime Nogueira Meixe. Libreiro.
Fracisco Troitiño Ermida. Médico.
Cruz Martínez Vilas. Poeta.
Agustín Leiros Ramilo. Actor.
Pablo Kaufmann González. Director de fotografía.
Guillermo Crego. Artes gráficas, activista social.
Ana Fernández Cerecedo. Mestra de educación especial.
Óscar Cordero Santamaría. Profesor de universidade.
Andrés Álvarez Vila. Pintor e actor.
Manuel Xosé Lorenzo Penela. Secretario de Administración local.
Pablo Acuña Millán. Estudante.
Manuel Blanco Rivas. Xornalista.
Tareixa Otero Dacosta. Traballadora no ensino público.
Guzmán Ferreirós Sánchez-Guisande. Biólogo.
Xosé Ramón Núñez Ramos. Profesor da Universidade de Vigo.
Manuel Reinoso Domínguez. Técnico transporte sanitario, activista Memoria Histórica e republicanismo.
Alberto Ardid de Cabo. Artista plástico.
ASINA O MANIFESTO!
Xa somos 2445 + 104 iniciais.