OS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO

O vindeiro 22 de febreiro ás 19h no local da Marea de Vigo teremos o noso 1º Café Feminista deste ano! O principal obxectivo do obradoiro é reflexionar sobre o concepto do amor e coñecer os mecanismos inconscientes que modelan e definen os vínculos amorosos, afectivos e familiares na nosa sociedade. Darnos conta de como a educación disociada por xéneros influíu de forma decisiva no xeito distinto en que mulleres e homes constrúen os seus vínculos amorosos e no xeito en como aman unhxs e outrxs. Entendemos que o amor é unha construción sociocultural-histórica, que a súa vivencia está moi marcada polos mandatos sociais, que ditos mandatos nos din como, con quen, cando e de que xeito temos que amar. Sen dúbida, a forma de vincularnos e de amar reproducen todo un sistema de crenzas sociais e culturais que facilitan a reprodución de relacións non igualitarias e de falta de liberdade.

METODOLOXÍA

Será un obradoiro teórico-vivencial os contidos serán tratados de xeito expositivo participativo e vivencial, a través da realización de técnicas de dinámicas de traballo individual, en parellas e en grupos.

CONTIDOS

Concepto do amor
Mitos do amor romántico
Mal trato e bo trato
Espazo persoal
Autocoidado.
Familia afectiva
Sedución
Fusión e separación
Espazo persoal
Modelos de relación
Amor e desamor
IMPARTE

Montse Buxán Bran, vasca de nacemento e galega de berce.
Licenciada en Ciencias Políticas. Máster en Sexualidade, Autocoñecemento e Relacións Humanas en Terapia de Reencontro. Experta en Grupos Comunitarios para a Saúde. Técnica en intervención con mulleres en situación de maltrato e violencia sexual. Monitora de actividades de lecer e tempo libre. Formadora durante case 10 anos en diferentes consultorías sobre xénero e tempo libre.

amorromantico

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone