OS NOMES DA CIDADE

A cidade é un palimpsesto. Está composta de sucesivas vagas de poboación, arquitectura e modos de vida que se van superpoñendo como capas de arxila.
Unha desas capas, unha capa que nos permite, en moitos casos, acceder a outras moito máis antigas, a constitúen os nomes de lugar, os topónimos.
Na cidade de Vigo, a toponimia inclúe e vai máis alá do nome oficial das grandes rúas e avenidas. Hai tamén unha toponimia e unha microtoponimia vencellada ao Vigo do pasado: o Vigo da pesca tradicional e o agro, o Vigo das parroquias e dos montes; e hai, ademais, unha toponimia que se afinca no máis afastado do tempo, en idades menos documentadas historicamente, a través dos vestixios de linguas prerromanas que perviviron no galego e na rica toponimía que deixou a nosa lingua.
A toponimia é un valor cultural, un patrimonio inmaterial e unha cartografía para saber quen somos, de onde vimos e cara onde queremos ir.
Convidámosvos, a través desta charla, a descubrir con nós este tesouro que son os nomes da cidade.

No hay texto alternativo automático disponible.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone