logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Programa de apoio ao comercio e á distribución local. Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentario e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao establecemento de redes locais de abastecemento. Favorecer a apertura de comercios deste tipo de produtos nas parroquias rurais e nas urbanizacións periurbanas onde viva un número suficiente de persoas.

Eliminar os posíbeis apoios económicos que puidese haber aos centros comerciais non integrados dentro das cidades e dependentes do coche, derivándoos cara ao apoio ao comercio de proximidade.

Comparte a proposta

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.