logo Marea de Vigo

Proposta:

  • Comprometémonos a tentar establecer a colaboración necesaria coa Xunta de Galicia para levar adiante un plan conxunto de adquisición de vivenda pública en diferentes lugares da cidade, que sería ofertada ás persoas con maiores necesidades e con alugueres asequibéis á súa economía.

Comparte a proposta

1
emenda de Colectivos de Vigo
O obxetivo final sería movilizar parque de vivenda en Vigo, e que non se usen medidas de nova construcción, puidendo estudar varias vías para isto: crear un parque propiamente municipal de vivenda e poñela a disposición, coordinarse coa Xunta para que as convenie cos bancos ou grandes tenedores, firmar unha bolsa de colaboración con propietarios privados garantizándolle o cobro dos alugueres, obtelas por adquisición directa... habería que explorar o camiño máis axeitado según o momento do mercado pero o resultado tería que ser un parque de vivenda en aluguer social, dotado con suficientes aloxamentos para que todo o que teña unha problemática habitacional na cidade poida recurrir a precios asequibles, especialmente colectivos vulnerables como perceptores de RISGA, desafiuzados, persoas sen teito...

(Os Ninguéns)

¿Para que serve esta web?

Esta web serve para elaborar de xeito colectivo o programa que a Marea de Vigo presentará o próximo mes de maio ás eleccións municipais.

Calquera persoa que teña asinado o manifesto da Marea pode presentar aquí a súa proposta, así como valorar, e enmendar ou suxerir melloras ás propostas publicadas.

Isto significa que este foro é unicamente para debatir sobre programa. Consulta a web da Marea de Vigo para ver outros procesos de participación abertos.