V Café Feminista

Na Marea Feminista queremos combater e actuar en positivo, recollendo propostas que dende todos os ámbitos axuden a acadar unha sociedade máis igualitaria. O ensino ten un papel primordial na prevención das violencias machistas e para lograr a igualdade real entre mulleres e homes. É  necesario educar dende a igualdade de valores, á marxe de que sexan nenas ou nenos, introducindo unha  coeducación transversal que deberá estar presente en todas as materias e etapas, prestando especial atención á formación en igualdade, e contra o sexismo, nos plans de formación do profesorado.

Neste Café da Marea Feminista poremos en común ideas de como se pode traballar a igualdade e propostas para o debate na sociedade.

Contamos coa presenza de Mercedes Oliveira,  unha das referentes na educación sexual con perspectiva de xénero. Catedrática de Filosofía, recoñecida co Premio Irene do Ministerio de Educación, leva trinta anos aplicando de forma práctica as teorías de educación sexual na adolescencia. Sen dúbida, unha das responsábeis dos avances da educación afectivo sexual no sistema educativo.

 

Cartel_marea_feminista

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPrint this pageEmail this to someone